I Edición da Opera Studio en Cedeira (A Coruña).

I Edición da Opera Studio en Cedeira (A Coruña).

Nas datas do 25 de Agosto ao 3 de Setembro, realizarase un curso de perfeccionamento musical en Cedeira (A Coruña) que, baixo o formato de Opera Studio, culminara coa representación da ópera «Dido and Æneas», de Henry Purcell (1659-1695). 

Mediante unha selección de candidatos, os cales deberán ser maiores de idade, aos distintos roles da ópera, así como dos compoñentes do coro e da orquestra, a Opera Studio incluirá, ao largo de 10 dias, clases individuais (cantantes) e colectivas, así como ensaios escénicos e musicais. O Curso contará coa dirección de Magna Ferreira, co apoio do actor Marcos Vieitez (escena), da violinista Mariña Garcia-Bouso e da clavecinista Marta López (música). A producción estara a cargo de Fran Pérez, Aida Lozano, Paula Bereijo e a empresa DTK.

O curso non terá coste algún para o alumnado seleccionado, salvando os viajes e as comidas. No caso de precisar de aloxamento, hai a posibilidade de ter aloxamento no polideportivo municipal en condicións básicas (compartindo espacios en colchóns). Se desexaran aloxamento de mellor calidade ao ofrecido, deberían poñerse en contacto coa organización para axudarlles a buscalo, pero sin apoio financeiro.

Plano de ensaios:

Cantantes (solistas e coro) – 25 de Agosto ao día 3 de Setembro

Baixo Contínuo (Violoncelos, Fagote, Tiorba, Clave) – 27 de Agosto ao día 3 de Setembro

Orquestra – 29 de Agosto ao día 3 de Setembro

Requisitos para a selección:

Cantantes:

Enviar unha grabación en video de duas arias contrastantes do período barroco. Unha aria obrigatoriamente en ingles (podendo ser da ópera «Dido and Æneas», de Henry Purcell)

Coro: Unha aria barroca obrigatoriamente en ingles.

Instrumentistas:

Enviar unha grabación en video de dous andamentos contrastantes do final do século XVII e/ou inicio do século XVIII (ata 1750)

Plazas para o Estudo de Ópera:

Cantantes:

Dido, Aeneas, Belinda, Second Woman, Sorceress, 1º Witch, 2º Witch, Spirit, Sailor

Coro:

3 Sopranos, 3 Altos, 3 Tenores, 3 Baritonos/Baixos

Orquestra:

3 Violines I, 3 Violines II, 2 Violas, 2 Violoncelos, 1Tiorba, 1 Fagot, 1 Clave

Data límite

A data límite para a entrega dos formularios será o día 24 de Xullo.

A resposta sobre a selección será como antes do dia 31 de Xullo

Para participar na Opera Studio será necesario que os cantantes teñan aprendidas de memoria as Arias da Ópera polas que foron seleccionados

Para enviar todos os datos necesarios poden cubrir o seguinte formulario:

Inscripción

Contacto:

cedeirart@gmail.com

Una respuesta a “I Edición da Opera Studio en Cedeira (A Coruña).”

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu sitio web con WordPress.com
Comenzar
A %d blogueros les gusta esto: